Sokram é unha das voces de peso en Dios Ke Te Crew e unha das personalidades máis prolíficas e irreverentes do famoso colectivo hip hop. Vocalista, muralista e artista visual, en 2015 editou o seu primeiro Lp en solitario titulado “Chuvia Ácida”, nunha coidada edición especial de tirada limitada (Vinilo 12" + Cd + Fancine + Donwload LP), deseñada por él mesmo e cunha boa lista de selectas colaboracións musicais como L.A.R. Legido (Sumrrá), Hevi (Malandrómeda, Fluzo) ou A Magnifique Bande dos Homes sen Medo, entre outros..

 

15 cortes cargados de Funk, Rock&Roll, Jazz, Electrónica, Hardcore... baixo un prisma Hip Hop.  

Un disco ecléctico, fresco e reflexivo, sarcástico e divertido. Gravado e producido en Rapapoulo Estudios por Mou: Mc, beatmaker e productor de DKTC, que ademáis o acompaña nos seus directos aos coros e nos mandos da variopinta maquinaria coa que compoñen o set xunto a Santino, versátil guitarrista de numerosos proxectos (A Derradeira Noite na Terra, Cona Yeyé, Chicharo Psicótico).

 

Estas tres pezas fusiónanse nun combo cun directo enérxico e arrollador, no que as letras brilantes e a versatilidade vocal de Sokram, bailan á perfección cos ritmos e melodías retorcidas pola alquimia das máquinas de Mou e cos camaleónicos sons das guitarras de Santino. 

 

Un live diferente, dinámico e progresivo, no que Hip Hop e Electrónica se contorsionan co Rock&Roll, copulan con Funk e Blues e se colocan ata o éxtase ao chegar o Hardcore e a Psicodelia